Dende o mes de xaneiro e ata finais de decembro, a Residencia As Dores está realizando a primeira fase dun Programa de Estimulación cognitiva a través da música financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2023.
Con esta actividade, impartida pola Educadora Social Laura Fernández Montoto coa axuda dunha xerocultora, queremos facilitar, promover a comunicación, as relacións, a expresión e o aprendizaxe con motivos terapéuticos, mentres que se satisfacen necesidades sociais, cognitivas e emocionais das nosos maiores.
Este Programa, dirixido a 130 usuarios e usuarias de Residencia e de Centro de día, abarca unha gran variedade de actividades relacionadas ca música. Entre outras cancións con nome de persoas, discriminación de xéneros musicais, recoñecemento de instrumentos, bingo musical, ritmo con palmas, relaxación, etc.