Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e a súa Comarca

APALC é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de interese social e
de Utilidade Pública que comeza a realizar a súa función como
Asociación en abril de 1982, unha vez aprobados os seus Estatutos
a través da súa inscrición como Asociación no
Rexistro Provincial de Asociacións.
Traballando para ser un centro de referencia en servizos asistenciais,
obtivo o certificado de calidade ISO 9001 no ano 2011 e recentemente UNE 158101, cun equipo
tecnicamente especializado e integrado, favorecendo a participación de
outras persoas e entidades para garantir o benestar a cada usuario.
A súa vez, contamos cun plan de voluntariado, trala súa inscrición
como entidade de Acción Voluntaria de Galicia, desenvolvendo distintos
proxectos que facilitan aos voluntarios a súa proxección persoal e
profesional, así como a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios.