Rúa Antonia Ferrín Moreiras nº 17
36500 Lalín, Pontevedra
Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es
 

Xornada de concienciación sobre a discapacidade

No día de onte celebramos na Residencia unha xornada de concienciación sobre a discapacidade, integración social e accesibilidade. Con esta actividade, impartida por Alejandro Ferradás (membro da Asociación Working Wheels), quixemos facer ver aos nosos maiores que, a pesar de ter unha discapacidade, é posible conseguir todo o que un se propón sempre co positivismo como bandeira.

Durante a tarde realizamos distintas actividades basadas na interactuación entre Alejandro e as persoas maiores. Entre estas actividades destacamos a presentación do proxecto Working Wheels, unha actividade física dirixida a realizar polos asistentes, mostra de material para levar a cabo distintas actividades tanto deportivas como da vida diaria, explicación da importancia de suprimir as barreiras arquitectónicas xogos e moito máis.

Como actividade máis curiosa para os nosos usuarios foi a explicación e demostración do uso dunha handbike coa posterior proba por parte dos nosos maiores, familiares e persoal do centro.

DSC_0235

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *