Rúa D nº 17
36500 Lalín, Pontevedra

Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es

 

Proxecto “A experiencia conta”

21272745_1843005786014389_379021857000611285_o

A Residencia levou a cabo o proxecto “A experiencia conta” en colaboración coa Xunta de Galicia. Un espazo interxeneracional entre os nosos maiores e as nosas voluntarias no que abordaron dende un esquema radiofónico diversas temáticas de interese.

Radio As Dores: A vida en palabras, levouse a cabo en cinco sesións que se iniciaron o 1 de Agosto e que finalizaron o 11 do mesmo mes ca gravación dun programa de radio onde se trataron diversas temáticas como son: o coro da Residencia, o proxecto interxeneracional de hábitos saudables que vimos realizando xunto coa asociación Aranes, historias de vida que realiza o centro a través do voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, unha sección cultural, cuñas publicitarias…

Esta experiencia foi moi satisfactoria para tódolos participantes e esperamos que vos guste tanto como a nós.

Para escoitar programa de radio so tendes que pinchar no seguinte enlace:

DATA DE PUBLICACIÓN: 01-09-2017

Únete á conversación