Rúa D nº 17
36500 Lalín, Pontevedra

Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es

 

Fondo Social Europeo

A Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) – “Residencia As Dores”, conta con 84 prazas, pero estamos a tramitar unha ampliación do centro a través dun proxecto para “Adecuación dos servizos xerais e da zona residencial”, o que nos permitirá ampliar a capacidade do centro en 9 prazas (8 residenciais e 1 de enfermaría), polo que poderemos atender a persoas que demandan unha praza no centro porque non poden recibir os coidados que precisan nos seus domicilios polas súas patoloxías e/ou nivel de dependencia.

Con esta ampliación do centro, lograremos atender a 92 persoas, polo que é necesario contratar novo persoal para ofrecer un servizo de calidade aos nosos maiores.

A través da subvención outorgada pola Consellería de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia, a través dos programas de cooperación para incentivar o emprego de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para entidades sen ánimo de lucro, puidemos levar a cabo a contratación de dous traballadores non cualificados durante sete meses a xornada completa. Esta axuda esta cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Os obxectivos deste programa é a contratación de persoal:

– Atender aos novos maiores que ingresen no servizo de residencia.

– Ofrecer un servizo coa máxima calidade aos nosos usuarios.

– Apoiar aos usuarios do servizo de residencia e centro día para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.

– Reforzar o equipo de profesionais (servizo de atención diaria) do centro tras 28 anos en funcionamento.

– Formar ao persoal contratado nos servizos prestados na residencia e no centro de día.

Os resultados que pretendemos obter son:

– Novos usuarios que ingresan no centro ben atendidos.

– Servizo residencial de calidade prestado coa máxima calidade.

– Usuarios que reciben o apoio necesario por parte de profesionais no seu día a día.

– Entidade que conta cun equipo de profesionais adecuado para as prestacións dos servizos pola súa tipoloxía, características e número de persoas atendidas.

– Persoal contratado formado tras sete meses de traballo na asociación, que conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de proxecto e unha longa traxectoria na atención de persoas maiores.