Rúa Antonia Ferrín Moreiras nº 17
36500 Lalín, Pontevedra
Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es
 

FESTA DE ANIVERSARIO

 

O 29 de xaneiro celebramos o aniversario dos maiores que cumpriron anos ao longo deste mes.

O último venres de cada mes, celebramos no centro, a festa de aniversario de todos os maiores que cumpren anos ao longo de todo o mes. En xaneiro, festexamos a festividade  de 15 residentes e usuarios de centro de día.

A festa realízase a mediodía, coincidindo ca hora do xantar. Neste día tan emotivo faise un menú especial e como non podía ser doutra maneira, torta. Para ter identificados aos maiores aos que se lle dedica este día, poñémoslle unha coroa na cabeza. Unha vez finalizado o xantar, xuntámolos a todos é, antes de soprar as velas e abrir os agasallos, cantámoslle, os compañeiros mailo persoal do centro“Cumpleaños feliz” e “Feliz, feliz en tu día”.

Dende a residencia valoramos positivamente celebrar a festa de aniversario dos nosos usuarios porque axuda a fortalecer a autoestima dos mesmos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *