Rúa Antonia Ferrín Moreiras nº 17
36500 Lalín, Pontevedra
Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es
 

¡ENTROIDO!

 

Mantendo a tónica de integrar activamente aos nosos maiores nos acontecementos sociais e culturais, nesta ocasión facémolo a través da celebración do Entroido.

Para esta festividade programamos diversas actividades que se relatan a continuación:

O primeiro foi falar cos usuarios de se querían facer algo para disfrazarse xa que a maioría deles non lles gusta moito. Entre todos decidimos facer uns gorros de cartolina para os homes e uns colares de papel para as mulleres. Unha vez tomada a decisión, procedemos a súa elaboración, asignando a cada maior as tarefas máis adecuadas as súas necesidades terapéuticas.

Durante os días previos á celebración do Entroido, tratamos temas relacionados con esta festividade (doces típicos, diferenzas entre os disfraces antigos cos da actualidade…) ca finalidade de evocar reminiscencias e xerar debate. Tamén elaboramos lazos de cores e murais para decorar o salón onde celebramos a festa.

E por fin chegou o día…. o martes de Entroido gozamos dunha merenda típica destas datas; orellas e rosquillas que degustamos todos xuntos (maiores, familias e persoal). Dicir que pasamos unha tarde moi gratificante e divertida e que xa estamos preparados para a seguinte festa.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *