Rúa Antonia Ferrín Moreiras nº 17
36500 Lalín, Pontevedra
Telf. 986 78 18 97 · Fax 986 78 70 43
info@residenciadasdores.es
 

¡¡¡BINGO, BINGO!!!

O bingo é unha actividade lúdica na que participan moitos dos nosos maiores e apórtalle aos mesmos numerosos beneficios a nivel físico, mental e social.

Cada vez que realizamos esta actividade, xuntámonos entre 40 e 50 persoas. É un dos días no que o centro está vivo, a xente divírtese, pásao ben. Decidimos levar a cabo esta actividade no centro non so para que os maiores se divirtan senón tamén para manter a súa mente activa porque lles axuda a repasar a linguaxe matemática e a manter a atención xa que o que cante línea e /ou bingo levan un premio.

Na nosa residencia xa non usamos o bingo tradicional, xogamos ao bingo interactivo, para o que utilizamos as novas tecnoloxías. Para que se vexa mellor conectámolo á televisión. O propio xogo vai dicindo os números que saen e ademais déixaos escritos na pantalla. Unha vez que llo presentamos, os maiores,  xa non queren xogar co outro.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *